Ola!
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar nas sesións de formacións e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a DXXPV.
Beneficios para os/as correspondentes (alumnado):
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
Beneficios para vós como profesorado colaborador:
- Obter a certificación da Consellería de Educación (coa correspondente equivalencia en puntos).
- Recibir asesoramento para a posta en marcha e mantemento do programa.
Ánimate e apúntate ANTES DO 4 de outubro, moitas grazas.
Os titores e titoras teredes á vosa disposición o martes 1 de outubro carteis para as aulas que titorizades con toda a información para o alumnado.
Comments
Post a Comment