BENVIDOS AO BLOG DO GRUPO CORRESPONDENTES DE AS LAGOAS

De que vai esto dos correspondentes?


O obxectivo principal é ser ''antena informativa'' para os teus compañeiros e compañeiras das novidades interesantes para a xuventude. Debes utilizar ben as redes sociais, traballar en equipo e responsabilizarte dun labor fundamental que mellorará as posibilidades formativas, de ocio e de relación de todo o alumnado.




Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:

- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast, RRSS...
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar nas sesións de formacións e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a DXXPV.
- Elaborar un podcast propio de correspondentes xuvenís. Durante o curso, os centros deberán traballar o contido do que se nutra o podcast.

Beneficios para os/as correspondentes:
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.

Ademais buscamos:

-Fomento da participación do alumnado e do voluntariado

-Habilidades comunicativas: atopar, seleccionar e crear información

-Desenvolvemento do pensamento crítico, ser quen de seleccionar para os seus compañeiros e compañeiras a información máis relevante

-Habilidade para traballar en equipo e para a resolución de conflictos e a mediación

-Dinamización de centro escolar, crear unha rede de comunicación efectiva co alumnado presente, pasado que ao tempo serva como presentación para futuro alumnado.

-Mellora do clima do centro, a través da interconexión de rapaces pertencentes a diferentes niveis educativos e diferentes modalidades de ensinanza: ESO, BACHARELATO, fp e do profesorado.

 

Comments