Leire de Castro González , alumna de 1º BAC C, e unha das nosas CORRESPONDENTES, foi premiada no I Certame Castelao, organizado pola Ínsua dos Poetas coa obra titulada "Chousas".
É un premio avalado pola Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, e foi recollido por Leire o pasado venres día 9 de maio de 2025, na Ínsua dos Poetas (Madarnás-O Carballiño).
Parabéns Leire!!!
Comments
Post a Comment