Unha vez rematado este @correspondentes 2025 quedamos con ganas de máis. Non puidemos disfrutar de ningún encontro e esperamos que o ano próximo se organice algún para coñecer a máis mozos e mozas coma nós. En canto aos resultados que obtivemos, cremos que hai que revitalizar e impulsar as redes sociais e manter os medios que mellor nos funcionaron: os máis tradicionais, cartelería e boletíns falados. Queremos continuar o ano próximo e impulsar con máis forza a "Liga de debate" do noso centro que foi impulsada por Noa Barge e que se materializou na nosa participación en Lugo no certame Máis Debate no que quedamos en cuartos de final.
Despedímonos cunha pequena presentación made in @correspondentes ate o ano que vén!
CORRESPONDENTES LAGOAS 2025 de María Miguélez
Comments
Post a Comment